
Cargando os contidos da páxina web. Por favor, espere.
"Un folleto publicitario debe captar a atención do cliente"
Un folleto publicitario debe captar a atención do cliente, debe ser orixinal e debe estar ben feito para transmitir unha boa imaxe da súa empresa. Un deseño de folletos ben elaborado, como o que lle ofrece versiongalega.com, destacará por riba da súa competencia incrementando o seu resultado e a súa eficiencia.
Versiongalega.com proponlle un deseño profesional, que estea á medida das súas necesidades e que sexa coherente coa imaxe da súa empresa.
Dispoñemos da tecnoloxía e os recursos humanos necesarios para que os seus deseños sexan atractivos pero principalmente que sexan efectivos para a rendibilidade dos seus produtos e das súas campañas publicitarias.
Gaste o mesmo e obteña os mellores resultados, sendo o mellor do seu sector!
O deseño de folletos é un dos elementos que poden atoparse tamén incluídos nun mailing. Debe presentar o produto ou servizo de forma detallada e ilustrada, destacando as vantaxes e as características da oferta.
"Todo en Flyers, Folletos, Trípticos, Dípticos, Catálogos, etc..."
Unha peza gráfica eficiente transmitirá os valores, a filosofía, a imaxe e os detalles da súa empresa.
Desta maneira logrará que, quen a reciba, saiba recoñecer inmediatamente a quen pertence, e así, a súa compañía gañará seriedade, notoriedade e orixinalidade.
Segúndo a dimensión e plegado do flayer, pode clasificarse en:
- Volante: Contén una soa folla e dúas caras
- Díptico: Composto por una folla, un plisado e 4 caras
- Tríptico: Composto por unha folla, dous plisados e 6 caras
Se desexa solicitar un presuposto sen compromiso para deseñar a túa imaxen corporativa prema sobre o seguinte enlace.
subir
volver atrás



O deseño da páxina web foi creada baixo licenza CreativeCommons