Diseño de páginas web en galicia Ver web en Galego
  • diseño de páginas web y tiendas online en galicia
  • google adwords
  • diseño de páginas web y tiendas online en galicia
  • diseño de páginas web y tiendas online en galicia y posicionamento seo y ppc
  • Adaptación a Ley Organica de Proteccion de Datos en galicia
  • diseño de páginas web y tiendas online en galicia. Diseño grafico en Galicia
  • soluciones integrales: diseño de páginas web, diseño gráfico, adaptacion a LOPD, etc

¿que é accesibilidade web?

Un sitio Web é “accesible” cando está deseñado e codificado para que os seus contidos e servizos estean dispoñibles para calquera persoa, independentemente da discapacidade que presenten ou das características do medio polo cal acceden a unha páxina.

Para facer o contido accesible, desenvolvéronse as denominadas “Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG)”, elaboradas polo máximo organismo dentro da xerarquía de Internet: W3C (Consorcio para a World Wide Web)e especificamente polo seu grupo permanente de traballo WAI (Iniciativa de Accesibilidade Web) onde a súa función principal é guiar o deseño de páxinas cara a un deseño web accesible, reducindo deste xeito barreiras na información.

Versiongalega.com traballa con estas pautas de estandarización, proporcionando así sitios validados por este organismo internacional e asegurando que o seu sitio poida ser visitado e utilizado de forma satisfactoria polo maior número posible de persoas.

“En todos os proxectos novos que versiongalega.com desenrola, téñense en conta todos os aspectos de accesibilidade, con todas as vantaxes que iso aporta.”

Falar de Accesibilidade é falar dun acceso universal á Web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de rede, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos usuarios.

Con esta idea de accesibilidade nace a Iniciativa de Accesibilidade Web, coñecida como WAI (Web Accessibility Initiative). Trátase dunha actividade desenvolvida polo W3C, cuxo obxectivo é facilitar o acceso das persoas con discapacidade, desenvolvendo pautas de accesibilidade, mellorando as ferramentas para a avaliación e reparación de accesibilidade Web, levando a cabo un labor educativo e de concienciación en relación á importancia do deseño accesible de páxinas Web, e abrindo novos campos en accesibilidade a través da investigación nesta área.

¿Para qué serve?

A idea principal radica en facer a Web máis accesible para todos os usuarios independentemente das circunstancias e os dispositivos involucrados á hora de acceder á información. Partindo desta idea, unha páxina accesible serao tanto para unha persoa con discapacidade, como para calquera outra persoa que se encontre baixo circunstancias externas que dificulten o seu acceso á información (en caso de ruídos externos, en situacións onde a nosa atención visual e auditiva non estean dispoñibles, pantallas con visibilidade reducida, etc.).

¿Cómo funciona?

Para facer o contido accesible, desenvolvéronse as denominadas Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG), onde a súa función principal é guiar o deseño das páxinas cara a un deseño accesible, reducindo deste xeito barreiras á información. WCAG consiste en 14 pautas que proporcionan solucións de deseño e que utilizan como exemplo situacións comúns en que o deseño dunha páxina pode producir problemas de acceso á información. As Pautas conteñen ademais unha serie de puntos de verificación que axudan a detectar posibles erros.

Cada punto de verificación está asignado a un dos tres niveis de prioridade establecidos polas pautas.

Prioridade 1: son aqueles puntos que un programador ten que cumprir xa que, doutra maneira, certos grupos de usuarios non poderían acceder á información do sitio.

Prioridade 2: son aqueles puntos que un programador debería cumprir xa que, se non fose así, sería moi difícil acceder á información para certos grupos de usuarios.

Prioridade 3: son aqueles puntos que un programador debería cumprir xa que, doutra forma, algúns usuarios experimentarían certas dificultades para acceder á información.

En función a estes puntos de verificación establécense os niveis de conformidade:

* Nivel de Conformidade "A": Satisfanse todos os puntos de verificación de prioridade 1.

* Nivel de Conformidade "Doble A":Satisfanse todos os puntos de verificación de prioridade 1 e 2.

* Nivel de Conformidade "Triple A":Satisfanse todos os puntos de verificación de prioridade 1,2 e 3.

As pautas describen como facer páxinas accesibles sen sacrificar o aspecto visual, ofrecendo esa flexibilidade que é necesaria para que a información sexa accesible baixo diferentes situacións e proporcionando métodos que permiten a súa transformación en páxinas útiles e intelixibles.

Igualmente, desenvolvéronse Pautas de Accesibilidade para ferramentas de autor, onde o obxectivo é axudar ós desenroladores de software á hora de crear ferramentas de autor para producir contido accesible. Tamén se desenvolveron Pautas de Accesibilidade para XML, onde se explica como asegurar a accesibilidade de aplicacións baseadas en XML. E por último, Pautas de Accesibilidade para Axentes de Usuario 1.0, onde se explica como facer accesible os navegadores, reprodutoras multimedia e outras tecnoloxías asistivas.

Por outra banda, desenvolvéronse outro tipo de documentos como as Técnicas para Pautas de Accesibilidade ó Contido na Web, que ofrecen unha serie de exemplos de etiquetaxe e explicacións moi detalladas de como implementar as Pautas de Accesibilidade ao contido na Web. Entre elas pódense destacar Técnicas esenciais para Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web 1.0, as Técnicas HTML para Pautas de Accesibilidade ao Contido á Web 1.0 e as Técnicas CSS para Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web 1.0.

Un exemplo de portal web con accesibilidade dobre AA e triple AAA

Atención comercial

Llámanos, estamos deseando conocerte ;-)

  • Lunes a viernes: 10:00h - 20:00 h
  • Teléfono/Fax: 981 697 926
  • Móvil: 645 983 715
  • info@versiongalega.com
  • xestion@versiongalega.com

Soporte técnico

Si estás fuera de horario usa nuestro formulario web para contactarnos

Localización

Visita nuestras oficinas :-P no mordemos a nadie

  • Rúa Nova, Nº31, 1ºB
  • C.P: 15680 - Ordes - A Coruña
  • ver en google maps
  • Latitud: 44 grados 4 min 38.55 seg
  • Longitud: -8º 24 min 18.12 seg

  • XHTML de la página web válido
  • CSS de la página web válido
  • WCAG2-AAA válido

diseño de páginas web creadas bajo licencia CreativeCommons