InmoSoft: É un software para inmobiliarias co que poderá controlar todos seus os inmobles, clientes, propietarios, etc… dunha forma realmente sinxela, intuitiva, rápida e sobre todo sincronizada co seu portal web en todo momento.
Con esta aplicación poderá ter a súa carteira de inmobles organizada e poder realizar un seguimento de todos seus os clientes.
InmoSoft é un software de xestión moi intuitivo e de fácil manexo.
Con InmoSoft vostede xa non terá que dar de alta por un lado o inmoble no seu portal web e por outro na súa aplicación xa que grazas a Inmosoft estará sincronizado ao 100% xa que se traballará sobre a mesma base de datos.
Non cómpre coñecementos de informática. A súa división en menús por opcións fai que a utilización do programa sexa sinxela, e as súas iconas principais facilitaranlle a xestión da inmobiliaria.
Cun só click poderemos ver a listaxe das casas, engadir casas, clientes, ou incluso xerar fichas para o escaparate...
InmoSoft é un sistema distribuído, con aplicacións de xestión para empregados, saída Web para clientes e bases de datos centralizados e protexidos nunha servidora Web.
Todo conectado por Internet a través de servidores Web seguros e rápidos.
InmoSoft opera 100% en liña; cada cambio introducido, é visible inmediatamente desde calquera punto do sistema, sen limitación xeográfica algunha e sen ter que pagar por número de licenzas.
InmoSoft integra no mesmo sistema a Empregados, Clientes, Propietarios, Inmobles, etc. Todo para que resulte sinxelo e rápido aos seus usuarios.
Todo o sistema de xestión ponse ao servizo da súa empresa, sen dificultades de implantación. Só cómpre dispor de conexión a Internet.
Dispón de múltiples ferramentas que axudan a mellorar o seu traballo: buscadores, fichas, automatismos, cruces de ofertas e demandas, axendas, alertas, calculadoras, etc.
Todos os procesos de altas, baixas, modificacións e consultas son realizadas polos seus Empregados de forma rápida e segura. InmoSoft evita a pesada tarefa de sincronización de datos entre delegacións e o seu Portal Web.
Todo está automatizado, todo 100% online e sincronizado co seu portal Web.
InmoSoft foi desenvolvido coa máis recente tecnoloxía en programación web, grazas a isto, InmoSoft pode asegurar un óptimo funcionamento, conexións rápidas e seguras, ademais de asegurar a capacidade de crecemento e adaptación sen límites ás novas necesidades dos seus usuarios xa que está deseñado a medida.
En Arvtelecom, SL apostamos de forma continua en InmoSoft para ofrecerlle as mellores solucións para o seu negocio inmobiliario.
Con InmoSoft, a súa empresa poderá publicar todos seus os inmobles no seu portal Web cun simple clic. Poderá controlar as imaxes publicadas, a orde de saída e as ofertas de inmobles (Destacados). Tamén permitirá aos seus Clientes buscar o Inmoble máis axeitado ás súas necesidades.
Con Inmosoft vostede poderá:
Se desexa saber máis de Inmosoft non dubide en pórse en contacto con verisongalega.com a través do correo electrónico: xestion@versiongalega.com ou ben se o desexa chamando ao teléfono 981 697 926 ou ó 645 98 37 15 onde atenderémoslle sen compromiso algún.
Solicitar presuposto sen compromiso


O deseño da páxina web foi creada baixo licenza CreativeCommons