cargando a web de versiongalega.com deseño web en galicia

Cargando os contidos. Por favor, espere.

  • Deseño de páxinas web en galicia
  • Deseño e posicionamento web en Galicia
  • Adaptación a la Lei Orgánica de Protección de Datos en galicia
  • Deseño web e deseño gráfico en Galicia

Arvtelecom, SL moderniza o deseño da súa páxina web...

17 de Marzo do 2010

Arvtelecom, SL moderniza a súa páxina web para mellorar a presentación da información e poder achegar máis contidos e liñas de mercado ós seus clientes.

Os principais cambios comezan co propio dominio co que se accede a web, que agora é www.versiongalega.com e que substitúe como dominio principal o anterior, www.arvtelecom.com

A nova estrutura do portal permite agora organizar de xeito máis accesible as informacións que se amosan na portada, e neste sentido fíxose un esforzo especial con cada unha das seccións, de xeito que agora os contidos de versiongalega.com son accesibles con independencia do tipo de hardware, software, infraestrutura de rede, nivel cultural e capacidade dos usuarios.

Un aspecto que mellora e que é fundamental hoxe en día é o referente á accesibilidade web e como non a información gráfica. versiongalega.com está deseñada para cumprir cos estándares Consorcio World Wide Web (W3C) en todas as súas variantes.

Coa inclusión dun maior número de imaxes e contido inténtase sen dúbida facer de versiongalega.com un portal máis atractivo e funcional.

Outro aspecto a ter en conta é que versiongalega.com está deseñada e programada para mellorar a indexación (posicioamento SEO) das súas páxinas nos principais buscadores.

Debido á complexidade do portal web informamos que esta adaptación estase realizando de forma progresiva coa intención de dispor, finalmente, dun portal co maior número posible de contidos e seccións accesibles.

Na actualidade, todos os contidos do portal cumpren coa prioridade 1 e 2. Moitas seccións acadan tamén a prioridade 3; esperamos cumprir plenamente cos requisitos de accesibilidade ao longo dos próximos meses.

Algunhas das accións máis importantes que se levaron a cabo para mellorar o portal web son as seguintes:

  • Proporciónanse ligazóns para saltar os elementos de navegación, podendo acceder directamente ao contido da páxina.
  • As ligazóns están descritas en detalle a través do atributo título.
  • Todas as imaxes con contido inclúen un atributo alt cun texto descritivo. As imaxes con propósito decorativo inclúen atributos alt baleiros.
  • Empréganse follas de estilo (CSS) para controlar o aspecto visual do sitio web e mais para dispoñer o contido na superficie da xanela.
  • Revisáronse os textos, títulos e enlaces para que a linguaxe que se utiliza sexa o máis claro e conciso posible.
  • Acceso as sección mediante teclas de acceso rápido.
  • Uso de código XHTML e creación dun mapa web.
  • Novas formas de contacto.

"Saudos dende versiongalega.com - deseño web en galicia"

volver atrás

Soporte técnico

Se estás fora de horario usa o noso formulario de contacto

Atención comercial

Chamanos, estamos desexando coñecerte ;-)

  • Luns a vernes: 10:00h - 20:00 h
  • Teléfono: 981 697 926
  • Móvil: 645 983 715
  • info@versiongalega.com
  • xestion@versiongalega.com

Localización

Visita as nosas oficinas :-P non mordemos a ninguen

  • Rúa Nova, Nº31, 1ºB
  • C.P: 15680 - Ordes - A Coruña
  • ver en google maps
  • Latitud: 44 grados 4 min 38.55 seg
  • Longitud: -8º 24 min 18.12 seg

  • XHTML da páxina web válido
  • CSS da páxina web válido
  • WCAG2-AAA válido
  • Directorio de Agencias de publicidad en Galicia

Web de Arvtelecom, SL creada baixo licencia CreativeCommons 2009