cargando a web de versiongalega.com

Cargando os contidos da páxina web. Por favor, espere.

  • deseño de páxinas web e tendas virtuais en galicia
  • google adwords
  • deseño de páxinas web e tendas virtuais en galicia
  • deseño de páxinas web e tendas virtuais en galicia e posicionamento seo y ppc
  • Adaptación a Lei Organica de Proteccion de Datos en galicia
  • deseño de páxinas web e tendas virtuais en galicia. Deseño grafico en Galicia
  • solucions integrais: deseño de páxinas web, deseño gráfico, adaptacion a LOPD, etc

W3C Garantía de Calidade

Un sitio web con estándares W3C é unha garantía de calidade.

Un sitio baseado en estándares web é máis accesible, permitindo a persoas con discapacidades utilizar o seu contido.

Antes de entregar todos os nosos traballos, pasan un estrito control de calidade, verificando a correcta navegación, e que cumpran estritamente todos os estándares de Internet, garantindo que toda a información introducida na súa web chegue ós seus clientes de maneira axeitada.

Os nosos clientes deciden se queren un sitio web que respecten os estándares W3C ou non. O traballo nunca se dará por concluído ata a plena satisfacción do cliente co traballo de deseño desenvolvido. Realizaranse os cambios en deseño necesarios ata chegar a aquilo que realmente busca o cliente.

¿Que é o W3C?


W3C crea os estándares para a Internet. Un sitio construído con estándares web e de accesibilidade, permite mellorar o posicionamento en buscadores e facilita unha estratexia de mercadeo web. A nosa web cumpre estándares de deseño web avalados polo W3C.


¿Por que deben interesarme estes estándares no meu sitio?


Máis que nunca, o desenvolvemento actual e futuro de Internet esixe acomodarse a estándares xa definidos no mercado e abandonar o desenvolvemento de sitios para ser vistos nun navegador específico. É realmente molesto entrar a un sitio onde ante man dinlle: "Debe actualizar seu plugin", "Este sitio está deseñado para verse en...", "Este sitio só pode verse con resolución de pantalla..." etc.


Os beneficios do uso de estándares web


Un sitio baseado en estándares web mostrará unha maior consistencia visual. Grazas ao uso de XHTML para o contido e CSS para a aparencia, pódese transformar rapidamente un sitio, sen importar que se trate dunha páxina web ou miles, realizando cambios nun só lugar.

Os documentos que separan aparencia de contido usan menos código, ademais, CSS permite conseguir efectos que antes requirían o uso de Javascript e imaxes, polo que os sitios baseados en estándares utilizan menos ancho de banda e móstranse máis rápido aos usuarios, mellorando dramaticamente a experiencia destes.

Os documentos baseados en XHTML válido son máis relevantes para os motores de busca, conteñen maior información e menos código, polo que un sitio baseado en estándares web terá unha mellor posición.

Da mesma maneira, a posición en directorios, editados por humanos, verase beneficiada pois o sitio será máis usable.

XHTML é unha aplicación de XML, polo que o contido pode ser procesado de moitas formas, permitindo a creación de sitios extensibles.

O uso de validadores permítenos crear XHTML ben formado. Un sitio baseado en estándares web é compatible con todos os navegadores actuais, e serao con versións futuras.

Un sitio baseado en estándares web é máis doado de manter e actualizar, o código é máis simple, deste xeito elimínase a dependencia dun só desarrollador.

flecha arriba subir

Atención comercial

Chámanos, estamos desexando coñecerte ;-)

  • Luns a vernes: 10:00h - 20:00 h
  • Teléfono/Fax: 981 697 926
  • Móvil: 645 983 715
  • info@versiongalega.com
  • xestion@versiongalega.com

Soporte técnico

Se estás fora de horario usa o noso formulario web para contactarnos

Localización

Visita as nosas oficinas :-P non mordemos a ninguén

  • Rúa Nova, Nº31, 1ºB
  • C.P: 15680 - Ordes - A Coruña
  • ver en google maps
  • Latitude: 44 grados 4 min 38.55 seg
  • Lonxitude: -8º 24 min 18.12 seg

  • XHTML da páxina web válido
  • CSS da páxina web válido
  • WCAG2-AAA da páxina web válido

O deseño da páxina web foi creada baixo licenza CreativeCommons